O 10 de marzo, día da clase obreira galega.

sabado 20 marzo 2010

Ferrol era a cidade natal do dictador Francisco Franco. Pero tamén durante moito tempo foi o primeiro núcleo industrial de Galicia e aquí naceu o movemento obreiro xa desde finais do século XIX. No primeiro terzo do século XX os anarquistas e a UXT repartíanse forzas nos estaleiros ferroláns. Nos meses seguintes ao golpe de estado de 1936 foron asesinadas arredor de 800 persoas na comarca, sendo o seu único delito a pertenencia ou a simpatía con partidos e sindicatos de esquerda.

Pero a masacre nen eliminou nen paralisou a rebeldía, somentes a retrasou
En 1946 a primeira movilización contra Franco prodúcese en Ferrol, a denominada folga do aceite. Nos anos 60 manifestacións multitudinarias (polos aprendices da Bazan ou a Peninsular Maderera) percorren as rúas da cidade departamental, nunha imaxe insólita noutras cidades do Estado. O 10 de marzo de 1972 arredor de 5000 traballadores da Bazan participan noutra marcha demandando un convenio de factoria. A Policia Armada quere disolver a tiros a protesta, matan a 2 homes, Amador e Daniel, firen de bala a 50 traballadores, pero teñen que escapar da furia dos sindicalistas. Neste ano 2010 lémbrase de xeito especial a Manuel Amor Deus, un dos dirixentes sindicais da Bazan, primeiro secretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia, falecido a causa da asbestose.
Enrique Sanfiz (RADIOFUSIÓN).
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=5299






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado