Homenaxe a un piloto británico.

Se o actor ía realmente nese avión derrubado polos cazas xermanos fronte ás costas cedeiresas e levaba unha mensaxe de Churchill dirixida a Franco para que permanecese neutral na II Guerra Mundial, parece que estamos a homenaxear a posición de abandono da II República que desde Chamberlain seguiu Gran Bretaña, o que en definitiva significou a aceptación do réxime franquista, a pesar de ser un aliado de Hitler e Mussolini, e favoreceu a súa pervivencia durante case catro décadas.
Para os conservadores británicos a República española estaba gobernada por radicais e socialdemócratas a punto de caer nas gadoupas do bolchevismo, polo que para eles o aliado natural era o xeneral Franco. O ditador morreu na cama, grazas en gran parte a que EE.UU. e Gran Bretaña decidiron mantelo no poder como baluarte anticomunista. Os que vivimos aquí sabémolo ben, inda que algúns queiran esquecelo ante a fascinante imaxe dun actor de Hollywood.
Deberiamos aproveitar este homenaxe a uns militares que loitaban contra o fascismo europeo para lembrarlle ao goberno británico o abandono daquela xove república hispana diante do avance do fascismo. 

Xosé Manuel Suárez.

xoves 16 xullo 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado