Lembranza dun guerrilleiro.
Paco da Casanova, de escapado a guerrilleiro
.jpg)
Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova
11 anos botou no monte Paco da Casanova, Francisco Barcia Martinez, un dos guerrilleiros antifranquistas de Fene que durante os primeiros anos da posguerra loitou coas armas na man contra a dictadura. Paco da Casanova apareceu morto metido nun saco no río Grande e Xubia en Doso (Narón) o 22 de outubro de 1947. Esta semana cumpreuse o seu cabodano.Nos anos da República, Paco da Casanova fora dirixente das Xuventudes Socialistas de Fene. Ao triunfar o golpe de estado de xullo de 1936, Francisco Barcia escápase ao monte temendo pola súa vida. Ao pouco organizaráse nas guerrillas coordenadas dende o Partido Comunista. En 1946 é o xefe do destacamento Manuel Eibe Ramiro Carbón do Exército Guerrilleiro de Galicia.
Henrique Sanfiz (Radio Fene).
domingo 25 outubro 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS