Entrevista de hai un tempo... (2007)
... A captura do Mar Cantábrico foi o episodio que máis expectación causou, a nivel internacional, da campaña de apresamentos de barcos civís por parte da flota franquista no norte. Dentro dese bloqueo tamén fixeron o minado das entradas de Bilbao, Santander e Xixón. A importancia da base ferrolá na guerra civil é incuestionábel.
-Puede hablarse ya de una cifra de víctimas de la represión en la comarca de Ferrol, ¿alcanza los mil?
-Puede hablarse ya de una cifra de víctimas de la represión en la comarca de Ferrol, ¿alcanza los mil?
-Inda que algún historiador e algún que outro afeccionado critican as miñas cifras como moi baixas, ninguén ata o momento demostrou que o número de falecidos pola represión entre 1936 e 1939 na comarca ferrolá supere os oitocentos. En Historia as hipóteses hai que demostralas con datos, non abonda con afirmalas. Prefiro partir dunha cantidade comprobada de 710 vítimas da represión violenta nese período, antes que aventurar cifras máis avultadas que non se demostran con datos por ningún lado. Ferrol, con máis de cincocentas persoas fusiladas e paseadas en 1936, foi a cidade máis sanguenta de Galicia.
-En el año de la Memoria Histórica que termina ¿qué queda por investigar en la comarca?
-Se falamos da Memoria Histórica do franquismo, nunha etapa tan longa sempre hai aspectos que podemos ampliar no seu coñecemento. Poderiamos dicir, por exemplo, como afectou a represión á infancia, á muller, a proxectos cooperativos agrarios, á cultura… Queda por investigar a cantidade de persoas que sufriron penas de cárcere, os malos tratos, as expoliacións de bens societarios e particulares por parte do novo réxime… E queda por localizar algunha fosa de presos republicanos asasinados, inda que non podemos anticipar o número de executados nin a súa identidade.
-¿Ha sido suficiente lo hecho en este año?

-En Memoria Histórica Democrática pensamos que o labor é tan grande que non pode abondar co feito. Gostaríanos que desde o Goberno galego se apoiara máis aos investigadores que fóra da Universidade estiveron, e están, traballando neste tema desde hai anos. Nese aspecto pecouse un pouco de discriminación, ás veces a Universidade vai por detrás da sociedade. Ferrol, por outro lado, quedou por debaixo, dada a importancia que tivo na guerra civil, como centro militar e represivo, do foco de atención oficial do Ano da Memoria. Se hai un lugar en Galicia onde ten que haber un centro para a investigación da represión franquista é Ferrol, ademais dun monumento aos que morreron aquí defendendo a Constitución de 1931. Ferrol xa non é do Caudillo, a recuperación da Historia fainos ver que Ferrol e a comarca era unha zona dunha profunda implantación do liberalismo e das ideas republicanas.
xoves 12 marzo 2009
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS