Cataluña pagará a localización de fosas comúns do franquismo
mércores 17 xuño 2009
Cataluña converteuse esta mañá na primeira Comunidade que asumirá e pagará a localización, e posterior dignificación ou exhumación, das foxas comúns nas que xacen vítimas da Guerra Civil e da represión franquista. O Parlamento catalán aprobou unha lei que o regula, impulsada polo departamento de Interior e pioneira en España, porque dá un paso máis que a Lei de Memoria Histórica, que só establece que as administracións "facilitarán" esta tarefa aos familiares das vítimas e as entidades memorialísticas, pero non concreta o que debe subvencionar o Estado, o que deixou na incerteza moitas familias.