A memoria histórica en San Valentín

mércores 30 maio 2012

JOHN THOMPSON E A MEMORIA DO ANTIFRANQUISMO


O venres 1 de xuño vai vir a Fene o profesor da Universidade de Montana (USA) John Thompson pronunciar unha charla sobre "O monumento á memoria histórica de San Valentín". Será ás 19,30 horas no Auditorio do CPS de San Valentín. Tamén falará o autor de "Polos fillos dos fillos" Xosé Manuel Sarille.Presentará o acto o director de Radio Fene Radiofusión Henrique Sanfiz.

John Thompson (Autor de "As novelas da memoria". Editorial Galaxia) está a realizar un censo dos Monumentos ás Vítimas do Franquismo, erguidos en Galicia nos últimos 15 anos. Segundo a súa opinión, os Monumentos deben ser utilizados pedagoxicamente para construir unha sociedade máis xusta, onde imperen valores como a liberdade, a solidaridade e a xustiza.

Henrique Sanfiz








os comentarios foron deshabilitados.