A HISTORIA DA II REPÚBLICA E GUERRA CIVIL POR 1 EURO

domingo 26 outubro 2014

En formato electrónico, libros de historia por só 1 euro.

  • ARMAS PARA LA REPÚBLICA. 1937. A viaxe do buque Mar Cantábrico desde Nova York a Ferrol, pasando por Veracruz, cun cargamento de avións, canóns, fusís e munición para o Goberno republicano. A tripulación, composta por sesenta homes de varias nacionalidades era unha auténtica Brigada Internacional.
  • CRÓNICA NEGRA DE LA MARINA ESPAÑOLA. O golpe militar de 1936 en Ferrol inicia unha forte represión violenta que conduce á vitoria franquista en Galicia. As vítimas mortais cóntanse por centos. O papel dos oficiais da Armada Española é clave no triunfo do golpe na Base Naval e no proceso represivo posterior: participan nos consellos de guerra e  nos escadróns noitébregos da morte. O libro contén unha relación de 638 vítimas, ordenadas cronoloxicamente e separadas en tres grupos: os paseados, os executados por consello de guerra de Mariña e os condenados polo Exército, dentro do período 1936-1939.
  • REPÚBLICA E GUERRA CIVIL EN FERROL. Análise do acontecido entre 1931 e 1939 na cidade e na comarca. Os partidos políticos, os sindicatos, as autoridades, o golpe de estado e a represión.
  • MIL VÍTIMAS DA REPRESIÓN VIOLENTA NA PROVINCIA DA CORUÑA. 1936-1939. Novidade! Relación de vítimas mortais da represión política na provincia da Coruña durante a Guerra Civil, máis de 1.300. Análise dos medios represivos, autores e datos biográficos das vítimas. Só 0,90 euros. 
  •  






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado