venres 11 febreiro 2011
República e Guerra Civil en Ferrol
Adquire esta publicación impresa en papel
ou como libro electrónico
http://www.lulu.com/spotlight/suarxm [ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
mércores 04 agosto 2010
Mi agradecimiento y el de mi familia por el logro que obtuvimos de parte del Gobierno de España, ya que gran parte de éste se debió a los datos que obtuvimos en su libro Armas para a República.
Claudia Gallo. Guadalajara, México.
Declaracion de Reparacion y Reconocimiento Personal de JOSÉ CARLOS GALLO, firmada por el Ministro de Justicia de España.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
martes 04 maio 2010
No verán de 1936 produciuse unha sublevación militar de caracter fascista que pretendía e que conseguiu, tras tres anos de resistencia, e coa axuda militar da Alemaña de Hitler e da Italia de Mussolini, impoñer unha ditadura sobre a persecución de toda idea liberal, democrática e socialista. Setenta anos despois seguimos debatendo que facer cos restos dos que aínda xacen nas fosas comúns
[
Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
mércores 21 abril 2010
Novidade
Armas para la República.
La aventura del Mar Cantábrico

En castelán, unha edición corrixida e ampliada do libro editado en galego en 2006.
Guerra civil en Galicia
Elige un juego de Messenger. Reta a un amigo.
¡Pruébalo ya!
En Xeral |
|
Permalink
domingo 18 abril 2010
FERROL 1936. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN.
Descargar (clic na imaxe).
“Ferrol 1936. Golpe de Estado e Represión” é o título da Unidade Didáctica que presentaron a concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, e o autor da mesma, o profesor Xosé Manuel Suárez. Unha publicación que, tal e como explicou a edil, permitirá ao alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato de Ferrol achegarse ao acontecido na nosa cidade e na comarca a partir do 18 de xullo de 1936 e que se presenta como unha moi boa ferramenta para o profesorado, especialmente para o de Ciencias Sociais. E ao fío disto, Carbajales avanzou que a Unidade se distribuirá entre todas as bibliotecas dos centros educativos da cidade e mesmo da comarca, así como entre as entidades sociais, culturais e de mulleres. Tamén se poderá consultar a través da páxina web municipal (www.ferrol.es), onde será posible descargala en formato pdf.
[
Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
sabado 20 marzo 2010
Ferrol era a cidade natal do dictador Francisco Franco. Pero tamén durante moito tempo foi o primeiro núcleo industrial de Galicia e aquí naceu o movemento obreiro xa desde finais do século XIX. No primeiro terzo do século XX os anarquistas e a UXT repartíanse forzas nos estaleiros ferroláns.
A masacre de 1936 nen eliminou nen paralisou a rebeldía, somentes a retrasou. En 1946 a primeira movilización contra Franco prodúcese en Ferrol, a denominada folga do aceite.
O 10 de marzo de 1972 arredor de 5000 traballadores da Bazan participan noutra marcha demandando un convenio de factoría.
Henrique Sanfiz.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
domingo 07 marzo 2010
Reseña de Francisco Varela (A Voz de Galicia, Ferrol) sobre ARMAS PARA LA REPÚBLICA.
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/03/01/0003_8325936.htm
[
Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
luns 25 xaneiro 2010
Hai quen opina que son pezas de museo. Hai algún museo en Alemania adicado ao nazismo?
Para o coñecemento da Historia é mellor conservar os campos de exterminio.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
sabado 23 xaneiro 2010
No Ano da Memoria (2006) este listado estivo exposto no Barco da Memoria, cando atracou en Ferrol.
NOMINA DE VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA EN FERROLTERRA (1936-1939)[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
luns 21 decembro 2009
Thompson: “As novelas da memoria son a expresión dun trauma colectivo”
No seu libro As novelas da memoria, o ensaio publicado pola editorial Galaxia, John Thompson analiza as novelas galegas que tratan o tema da II República, a Guerra Civil e a Posguerra.
Thompson resalta o valor tanto literario como social deste extenso corpus formado por case medio cento de novelas, ao que non dubida en darlle a categoría de subxénero. Na súa opinión, facilitan o coñecemento da historia recente a un público diverso e non necesariamente erudito e, ao mesmo tempo, a reflexión sobre moitos aspectos relacionados coa actualidade política e social. As novelas da memoria, que teñen sido deostadas por diferentes sectores do sistema literario galego como unha opción reducionista e empobrecedora, enriquecen o imaxinario da literatura nacional e reflexionan sobre os acontecementos históricos.
Entrevista en RADIOFUSION, realizada por Anxos García:
http://s55768.gridserver.com/manager.php?p=FichaNova&ID=4413
En Xeral |
|
Permalink
domingo 25 outubro 2009
Ciclo de documentais contra o esquecemento.
Desde o día 6 deste mes véñense proxectando no Ateneo Ferrolán unha serie de documentais co denominador común da recuperación da memoria histórica.
O vindeiro martes 27, ás 19 horas:
• LA COLUMNA DE LOS OCHO MIL e • LA MEMORIA ES VAGA
LA COLUMNA DE LOS OCHO MIL
Ángel Hernández García, Antonio Navarro, Fernando Ramos y Francisco Freire
España 2005, 66 min.

SINOPSE
A mediados de setembro de 1936 toda a parte oeste da provincia de Badaxoz estaba xa tomada polas tropas nacionais, salvo a pequena bolsa republicana que formaban as bisbarras de Xerez da Fronteira e Fregenal de la Sierra. Nestes lugares concentráranse miles de persoas significadas con partidos e organizacións de esquerda dunha gran cantidade de pobos da provincia de Badaxoz. Fuxiran dunha morte segura a medida que as tropas de Franco ían avanzando. Pero sabían que en breve esa zona tamén sería conquistada, así que organizaron unha fuxida a través de 100 km. de camiños por territorio inimigo cara ao enclave republicano de Azuaga. Unha gran parte da columna estaba composta por familias, con mulleres, nenos e vellos, que levaban en bestas de carga os poucos aparellos aos que non quixeran renunciar. Cando estaban xa preto da liberdade, a columna foi atacada nunha paraxe próxima a Raíña e Fonte do Arco, morrendo unhas 80 persoas. Como consecuencia do ataque uns lograron pasaron, outros volvéronse cara a atrás, sendo eliminados moitos deles ao chegar aos seus pobos; e unhas 2000 persoas foron feitas prisioneiras e trasladadas a Llerena. Un mes máis tarde, a maior parte destes 2000 prisioneiros foran fusilados.
[
Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
domingo 25 outubro 2009
Cabodano da morte do guerrilleiro antifranquista Paco da Casanova.
Radio Fene: http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=3721
11 anos botou no monte Paco da Casanova, Francisco Barcia Martinez, un dos guerrilleiros antifranquistas de Fene que durante os primeiros anos da posguerra loitou coas armas na man contra a ditadura. Paco apareceu morto metido nun saco no río Grande de Xubia en Doso (Narón), o 22 de outubro de 1947.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
xoves 16 xullo 2009
O homenaxe ao actor Leslie Howard (Cedeira, próximo sábado), ao que asisten autoridades militares, civís e relixiosas, semella unha celebración da traizón á II República por parte do Goberno británico.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
xoves 16 xullo 2009
Pontedeume, 21-23 de xullo.
A Guerra Civil: a difícil tarea de reconstruila.
PROGRAMA.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
luns 29 xuño 2009
Asociacións da Memoria Histórica piden ao Goberno de España un papel activo na búsqueda, exhumación e identificación dos casos das fosas da guerra civil e do franquismo.
Solicitan a creación dunha Comisión de Búsqueda.
[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
mércores 17 xuño 2009
Fosas en Catalunya.
EL PAÍS, 17-06-09.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
sabado 06 xuño 2009
Jornades: La Marina Mercant durant la II República i el Franquisme
02/07/2009 - 03/07/2009

La Marina Mercant sota el franquisme
programa

[
Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
luns 18 maio 2009
Dúas exposicións conforman os actos de homenaxe e lembranza da II República organizados pola Asociación López Bouza.
Do 22 de maio ao 9 de xuño, no CENTRO CÍVICO de CARANZA.
Inauguración no Centro Cívico de Caranza o venres, 22 de maio,
ás 19 horas.[ Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
martes 07 abril 2009
Ferrol na II República.
Charla no Ateneo Ferrolán.
14 de abril, 20 horas.
Descargar o cartel da charla (pdf)
[
Máis ]
En Xeral |
|
Permalink
xoves 02 abril 2009
"Veño de coñecer, despois de un ano de espera, a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, respecto do recurso presentado pola familia de Manuel Gutiérrez Torres, antigo dirixente falanxista e alcalde de Cerdedo na Ditadura franquista, contra a miña absolución na vía civil en Iª Instancia polo Xulgado de A Estrada dun presunto delito de atentado contra da honra da devandita familia."
[
Máis ]
En Xeral |
|
Permalink