Unidade Didáctica.

domingo 18 abril 2010

FERROL 1936. GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN.
 Descargar (clic na imaxe).
“Ferrol 1936. Golpe de Estado e Represión” é o título da Unidade Didáctica que presentaron a concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, e o autor da mesma, o profesor Xosé Manuel Suárez. Unha publicación que, tal e como explicou a edil, permitirá ao alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato de Ferrol achegarse ao acontecido na nosa cidade e na comarca a partir do 18 de xullo de 1936 e que se presenta como unha moi boa ferramenta para o profesorado, especialmente para o de Ciencias Sociais. E ao fío disto, Carbajales avanzou que a Unidade se distribuirá entre todas as bibliotecas dos centros educativos da cidade e mesmo da comarca, así como entre as entidades sociais, culturais e de mulleres. Tamén se poderá consultar a través da páxina web municipal (www.ferrol.es), onde será posible descargala en formato pdf.

[ Máis ]