As novelas da memoria

luns 21 decembro 2009


Thompson: “As novelas da memoria son a expresión dun trauma colectivo” 
No seu libro As novelas da memoria, o ensaio publicado pola editorial Galaxia, John Thompson analiza as novelas galegas que tratan o tema da II República, a Guerra Civil e a Posguerra. 
Thompson resalta o valor tanto literario como social deste extenso corpus formado por case medio cento de novelas, ao que non dubida en darlle a categoría de subxénero. Na súa opinión, facilitan o coñecemento da historia recente a un público diverso e non necesariamente erudito e, ao mesmo tempo, a reflexión sobre moitos aspectos relacionados coa actualidade política e social. As novelas da memoria, que teñen sido deostadas por diferentes sectores do sistema literario galego como unha opción reducionista e empobrecedora, enriquecen o imaxinario da literatura nacional e reflexionan sobre os acontecementos históricos.

Entrevista en RADIOFUSION, realizada por Anxos García:
http://s55768.gridserver.com/manager.php?p=FichaNova&ID=4413