Martes de Cine

Ciclo de documentais contra o esquecemento.
Desde o día 6 deste mes véñense proxectando no Ateneo Ferrolán unha serie de documentais co denominador común da recuperación da memoria histórica.
O vindeiro martes 27, ás 19 horas:

LA COLUMNA DE LOS OCHO MIL  e     LA MEMORIA ES VAGA

LA COLUMNA DE LOS OCHO MIL
Ángel Hernández García, Antonio Navarro, Fernando Ramos y Francisco Freire
España 2005, 66 min.



SINOPSE
A mediados de setembro de 1936 toda a parte oeste da provincia de Badaxoz estaba xa tomada polas tropas nacionais, salvo a pequena bolsa republicana que formaban as bisbarras de Xerez da Fronteira e Fregenal de la Sierra. Nestes lugares concentráranse miles de persoas significadas con partidos e organizacións de esquerda dunha gran cantidade de pobos da provincia de Badaxoz. Fuxiran dunha morte segura a medida que as tropas de Franco ían avanzando. Pero sabían que en breve esa zona tamén sería conquistada, así que organizaron unha fuxida a través de 100 km. de camiños por territorio inimigo cara ao enclave republicano de Azuaga. Unha gran parte da columna estaba composta por familias, con mulleres, nenos e vellos, que levaban en bestas de carga os poucos aparellos aos que non quixeran renunciar. Cando estaban xa preto da liberdade, a columna foi atacada nunha paraxe próxima a Raíña e Fonte do Arco, morrendo unhas 80 persoas. Como consecuencia do ataque uns lograron pasaron, outros volvéronse cara a atrás, sendo eliminados moitos deles ao chegar aos seus pobos; e unhas 2000 persoas foron feitas prisioneiras e trasladadas a Llerena. Un mes máis tarde, a maior parte destes 2000 prisioneiros foran fusilados.
  

[ Máis ]

domingo 25 outubro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Lembranza dun guerrilleiro.

Cabodano da morte do guerrilleiro antifranquista Paco da Casanova.
Radio Fene: http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=3721

11 anos botou no monte Paco da Casanova, Francisco Barcia Martinez, un dos guerrilleiros antifranquistas de Fene que durante os primeiros anos da posguerra loitou coas armas na man contra a ditadura. Paco apareceu morto metido nun saco no río Grande de Xubia en Doso (Narón), o 22 de outubro de 1947.[ Máis ]

domingo 25 outubro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink